O Atl. Arousana estréase no liderato mercede á súa goleada ao Barcia

La Voz

AROUSA

O equipo de Rogelio Barragáns abríu o domingo a Liga de Primeira Nacional ao grande, impoñéndose cun contundente 0-5 ao Barcia e facéndose co primeiro posto da clasificación provisional. Liderato que comparte con outro conxunto galego, o Orzán, que tamén venceu 5-0, ao Val do Ulla pero en campo propio.

Non houbo lugar á sorpresa, e o Extrugasa Atlético Arousana cebouse co seu rival asturiano, que pagou a novatada na categoría. Corría o minuto 33 e as galegas xa vencían por 0-3.

Barragáns concienciou as súas pupilas de necesidade de non baixar o pistón na segunda parte, e froito do seu traballo de mentalización chegaron os outros dous tantos, obra de Caro.

O Atlético Arousana xogará este domingo contra o Casa Social Católica antes do primeiro parón ligueiro. Faráo en Vilagarcía, pero non en Fontecarmoa, senón no campo municipal da Lomba .