Última hora
Zapatero pide un aplazamiento de su declaración por la «complejidad» del sumario

Inaugurado o campo de herba artificial de Cesures

La Voz

AROUSA

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e a alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro, encabezaron onte o acto de inauguración do campo de fútbol de herba artificial Ramón Diéguez. Unha instalación que conta con 6.200 metros cadrados de céspede artificial de última xeración, un xogo de porterías de fútbol once, dous de porterías de fútbol sete abatibles, bancadas para suplentes, un marcador, 200 asentos e un sistema de rego automático.

A obra precisou dun investimento de 450.000 euros, 92.000 achegados polo Concello e o resto pola Deputación. Os custes do mantemento do campo serán tamén compartidos, o 75% a cargo do ente provincial e o 25% das arcas municipais.