En dúo, en parella ou pareados

La Voz

AROUSA

Os sociólogos cristiáns seguen asustados por esta modalidade de vida que se vai organizando arredor dos adosados. Persoas organizadas en dúos, en casas pareadas con tendencia a illarse do exterior porque, para o que hai que ver, mellor quedar a ver que pasa coa cafeteira.

Uróc Teatro entra nun dos chalés do extrarradio para explicarnos como é a vida a dúo. A vida debe ser máis ou menos monótona, pero eles fan proposta de conversa variada, de repaso lento a tantas cousas que aparentemente suceden no mundo exterior e que o mesmo son asuntos que parecen de hoxe pero que están sen resolver desde moito antes que aquel monte estivese destinado a ser o solar dunha urbanización na que todas as comidades burguesas encontrarían a súa percha.