O Unión Grove preséntase en cadro no campo do líder, o Choco

La Voz

AROUSA

Puntuar hoxe en Redondela (Santa Mariña, 16.30 horas) sería toda unha heroicidade para o Unión Grove, que se pranta na casa do líder, o Choco, en cadro e con importantes baixas.

Iván, enfermo, Breixo, no treito final da recuperación do seu accidente laboral, e mais Taja, por sanción, deixan moi tocado o sistema de xogo de Serafín Neira, que tampouco poderá contar con Rodrigo Castro, ausente da convocatoria de Redondela por causas de traballo.

A precariedade da expedición meca é tal, que o Unión Grove se despraza cun único porteiro, Rodri, ao atoparse David nunhas oposicións. Marcos Novas, que aínda non está totalmente recuperado dos seus problemas físicos, entra na lista de Neira máis por facer número, que por poder contar con el para saltar ao terreo de xogo.

Así pois, Serafín Neira deberá exprimir esta tarde ante o líder os seus coñecementos futbolísticos para sacarlle o máximo rendemento a un plantel integrado por Rodri, Anxo, Ameixeiro, Mon, David González, Óscar, Rafa, Víctor, Sergio, Unai, Álex, Cillas, Marcos Novas e Carlos.