-Outro tema que causou certa polémica foi a posibilidade de retirar a ponte de Vistalegre.
-O tema da ponte de Vistalegre valorouse no seu momento, pero queda un pouco para estudo da segunda fase. Será entón cando se decida se a ponte pode seguir no seu sitio ou se hai que modificar a súa ubicación. En ningún momento se propuxo eliminala, senón cambiala do sitio onde está. Pero aínda non está decidido.
-Nin tampouco a solución para a desembocadura.
-En principio o que se valora é que o paso pola estrada é demasiado baixo, que o propio porto ocupa un espazo de saída do río importante, e incluso algunha que outra construción ocupa a saída do río. Estase valorando que tipo de actuación se ten que facer aí para, facendo o menor dano posible ao que existe, darlle unha saída correcta ao mar ao río.
-Estes días volveu chover. ¿Cre que Vilagarcía podería volver sufrir unha situación coma a do ano pasado?
-As condicións do ano pasado foron circunstancias moi especiais. As inundacións do ano pasado producíronse en zonas moi poboadas, como Vilagarcía, Baiona ou Cee, pero tamén noutras moi pouco poboadas, como Oia, Campolameiro ou Cotobade, onde o urbanismo non incidiu. Pero si hai unha característica común a todas elas: a ausencia de vexetación nos montes despois das queimas do verán e tamén o incremento da pluviosidade nun período moi curto de tempo. Nalgúns sitios tamén coincide o tema das mareas, como en Vilagarcía. A día de hoxe é moi difícil que esas condicións, todas xuntas volvan coincidir. E a parte diso, as obras acometidas en Vilagarcía conseguen un nivel de embalsamento moito maior do que había o ano pasado. Polo tanto, nunca se pode dicir que non vai volver pasar, pero estamos moito máis preparados para que isto non suceda. A día de hoxe xa estamos moito máis preparados.
-Tamén hai problemas de inundacións en Valga. ¿Como está ese tema?
-Eu mantiven unha reunión cos veciños hai unha semana. Falamos do que estamos a facer desde a consellería para darlle unha solución definitiva á zona da Devesa. Estamos facendo un estudio e unha vez que o teñamos poñerémonos en contacto co Concello. Ese día plantexáronnos o problema dos pasos a nivel. Eu non tiña información ese día sobre se eses pasos ían cambiar de ubicación. Parece ser que si, que un deles vai cerca do río Valga e pode aumentar o problema de inundacións. Pedín os planos e estudarémolos esta semana.