A beira da legalidade

AROUSA

CON GOTAS | O |

23 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

CALQUERA pode poñerse no sitio de quen teme polo futuro do meirande investimento vital e económico que unha familia adoita facer: a casa. O que está a ocorrer na Arousa coas doce vivendas fóra de ordenación moverá a simpatía de moita xente, mais esixe importantes matices. Poñamos como marco de comparación os anos 1997, no que A Illa se constitúe como Concello de seu, e o 2002, no que entra en vigor o planeamento. Imaxinemos unha persoa que desexa construír a súa casa, pero agarda a que o PXOM lle indique como o ten que facer. E pensemos noutra que tira para diante e punto, baixo o clásico principio dos feitos consumados. O primeiro individuo irá vendo como o IPC lle vai subindo os custes de materiais, licenzas e outros gastos ata chegar a un 18,1% nos seis anos citados. O que no 97 lle custaría 10 millóns, no 2002 sairalle 1,8 millóns máis caro. Xusto o que o segundo suxeito aforra por pasar da legalidade. ¿E agora a culpa vai ser da Administración? É lícito e ata lóxico pedir comprensión. Pero chegar a outros extremos é botarlle moitos...