POESÍA
24 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.O día 30 de marzo remata o prazo de recepción dos traballos que concorrerán á cuarta edición do premio Fermín Bouza Brey, editado polo Concello de Vilagarcía e dotado con 3.000 euros. Os autores interesados en participar deberán enviar os seus poemarios por quintuplicado e na forma que se especifica nas bases da convocatoria, que se poden consultar na páxina web www.vilagarcia.es. Deberán estar escritos en galego, terán que ser inéditos e compostos, alomenos, por 400 versos. Os participantes deberán remitir cinco copias mecanografiadas do poemario, sen que figure o remitente, que deberá facer constar o seu lema nun sobre pechado e dentro do que irán os datos persoais do autor. Os traballos que se presenten serán avaliados por un xurado composto por destacadas figuras da poesía e da cultura galega. O fallo faráse público o día 12 de maio, e a entrega do galardón terá lugar nun acto que se vai celebraro 17 dese mesmo mes, facendoo coincidir co Día das Letras Galegas. O premio está considerado como un dos galardóns poéticos máis importantes de Galicia.