30 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.
? conmemoración do día mundial de loita contra a sida encherá de actividades a comarca. En Vilagarcía chegarán da man da Cruz Vermella, que colocará mesas informativas nos institutos Castro Alobre, Fermín Bouza Brey e Miguel Ángel González, e do colectivo Ccanvihar que volverá á praza de Galicia cun punto informativo. O comité arousán xa abriu onte os actos cunha solta de grandes globos vermellos (na foto) e reparto de material preventivo entre os viandantes. En Cambados e O Grove os concellos tamén se mobilizan neste día. Colocaran mesas informativas diante dos consistorios durante a mañá e, no caso da vila meca, ademais outro diante da praza de abastos que será atendido por persoal do Servizo asistencial da drogodependencias (SPAD).