Carril e Vilaxoán póñense en marcha

La Voz S. G. | VILAGARCÍA

AROUSA

Análise | As áreas de rehabilitación

31 oct 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

?avier Gago aproveitou a visita da conselleira para anunciar a práctica conclusión dos traballos que permitirán ao Concello solicitar a declaración dunha área de rehabilitación tanto en Carril como en Vilaxoán. O alcalde non ten dúbida de que ambas figuras estarán en funcionamento no 2007. Mais, ¿que significa exactamente este feito para os dous cascos históricos? Unha vez a declaración esta lista, as rehabilitacións desenvolveranse a través de convenios tripartitos entre a Consellería de Vivenda, o Ministerio de Vivenda e o Concello de Vilagarcía, onde se fixarán o número de vivendas sobre os que se actuará, así como o orzamento para a reurbanización do entorno do barrio. é dicir, mellora de beirarrúas, zonas verdes e mobiliario urbano. Esta intervención sobre os espazos públicos é, precisamente, unha das prioridades do departamento que dirixe Teresa Táboas. Axudas de 11.000 euros Cada vez que se declara unha área deste tipo, créase unha oficina de rehabilitación a través da que se tramitan as axudas e se informa aos veciños das súas posibilidades. O 80% do custe do proxecto é asumido pola Administración (40% Xunta e 40% ministerio), mentres que o 20% restante corre por conta do particular. Iso si, as axudas teñen un tope máximo: 11.000 euros por propietario. Á hora de conceder unha subvención determinada, a Administración non ten en conta o nivel de ingresos do beneficiario. Precisamente, porque se trata de mellorar as condicións de vida, pero tamén de incentivar a recuperación dun patrimonio que se considera de grande calidade, mesmo aínda que os ingresos que perciben os seus propietarios sexan elevados. Estas intervencións imprimen, directamente, un segundo efecto na preservación do territorio, posto que, na medida en que se habiten os vellos núcleos non será preciso invadir novo solo