CON GOTAS
30 oct 2006 . Actualizado a las 06:00 h.OS INSTRUMENTOS políticos rematan por botar raíces en todos os eidos da vida social. Non para facer agromar unha conciencia máis cívica e participativa, iso sería demasiado, senón para saír en defensa do xefe cando toca a corneta. A politización foi un dos principais ataques que se verteron sobre Nunca Máis polos seus vencellos coa esquerda. Cómpre lembrar que, daquela, cando o chapapote, a inmensa maioría das confrarías amosaron unha actitude doce cos gobernantes, ata o punto de renunciar a actuacións legais en troques de axudas. Contrasta aquel ánimo compracente coa belixerancia que prende agora nos patróns maiores, dispostos, polo que se ve, a levar a Xunta fronte o tribunal do Xuízo Final. Pero isto non é politizar, oh. É que o mar é das gaivotas. Ao cabo, cada un preme as teclas que ten da súa man, neste caso a dereita.