Reportaxe | Programa Audiovisual nas Aulas Os institutos da Illa e Vilanova, e o colexio de Castrelo participan nun proxecto que persegue dar aos rapaces ferramentas para descifrar as mensaxes do cine e da televisión
25 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.?un mundo no que a televisión se ten convertido no mellor amigo do home, sexa cal sexa a súa idade, empeza a volverse imprescindible coñecer a linguaxe audiovisual. Un código que entra tanto polos ollos como polos oídos, ás veces de forma excesiva, e que, segundo a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, María José Pérez Mariño, pode chegar a converter aos rapaces en «consumidores pasivos e acríticos». «E iso é algo que a sociedade non pode asumir», sentencia a política. Precisamente porque se trata de algo inasumible, a Consellería de Educación e o Consorcio Audiovisual de Galicia puxeron en marcha, hai xa tres anos, o programa Audiovisual nas Aulas. Unha iniciativa coa que se pretende ensinarlles aos rapaces esa nova linguaxe. Xa daquela, dous centros de ensino da bisbarra apostaron por un plan pioneiro en toda España: o instituto da Illa e o colexio de Castrelo. Este ano, o IES a Basella, de Vilanova, decidiu seguir os seus pasos. Onte, os instituto da Illa foi o lugar escollido para presentar unha nova edición do programa. En toda Galicia, serán 3.000 os nenos e sesenta os centros que participen na iniciativa. No caso da Illa, o número de estudantes roldará o medio cento, e serán todos alumnos do terceiro curso da ESO. Como desta volta a materia que abordarán será a televisión, o último martes do mes de maio, os nenos visitarán as instalacións da TVG, aprenderán todo o traballo que se esconde detrás dun programa de televisión e mesmo participarán como público nunha revista de tarde que presentará Mon Santiso. Pero ademais destas actividades, os rapaces traballarán nas aulas cunha guía didáctica, e poderán disfrutar dos filmes e dos libros de audiovisual galego depositados na biblioteca do seu centro. Unha pequena selección que, non obstante, inclúe case todos os produtos audiovisuais que levan firma galega.