«Nestes momentos, o que máis precisa o sector é estabilidade»

Rosa Estévez
Rosa Estévez VILAGARCÍA

AROUSA

VÍTOR MEJUTO

Entrevista | Francisco Iglesias A confraría do Grove non ten hoxe nada que ver co que era hai 13 anos, cando Francisco Iglesias colleu o timón. Dende aquela «aquí sempre gañou o sentido común e a unidade»

18 feb 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

?índa que máis dunha vez lle plantexaron que se adicase en exclusiva á confraría, Francisco Iglesias sigue preferindo sair ao mar todos os días. «Así estás en contacto coa xente e cos seus problemas», explica. Do mar sacou os folgos para presentarse ás eleccións. Do mar, pero tamén dunha parte da actual directiva, que miraba con recelo os movimentos para a constitución dunha lista alternativa. «Ven certo afán de revancha», explica Iglesias. -¿Así que os seus contrincantes xeneran desconfianza? -O que están a transmitir é falta de solidez, desacordos internos, e eso é un mal comezo para catro anos de mandato. Nestes momentos o sector precisa estabilidade. Podo dicir, con orgullo, que nas distintas directivas que houbo desde o ano 1993, cando entramos nós, sempre predominou o sentido común e a unidade. E cando houbo escisións, que as houbo, foron casos moi puntuais. -Unha delas foi a de Quito Parada, que ata hai pouco traballou canda vostede... -Efectivamente. Ata o inicio desta lexislatura foi responsable do marisqueo. Pero chegou un momento no que quixo dar un golpe de man, non quería responder diante de ninguén. Sabendo o traballo que nos levou unir á confraría, pretendeu dividila en dous: o marisqueo e a pesca. Pero podo dicir que nin unha soa directiva de marisqueo apoiou este golpe de man. A partir de aí, elas tomaron o mando do seu traballo e dos seus recursos, algo que, por outra parte, era un obxectivo que xa nos tiñamos marcados. -Fala do intento de crear unha agrupación de mariscadoras. ¿Por que non lle gustan eses colectivos? -En primeiro lugar, sorpréndeme que se siga a falar de agrupacións cando a orde que as regulaba está derogada. As agrupacións naceron cunha intención boa: darlle unha saída ás mariscadoras alí onde houbera conflicto. Pero conseguiron un efecto contrario: separalas dos centros de poder, porque calquer decisión que tome unha agrupación ten que ser refrendada pola confraría. A miña aposta é que as mariscadoras, e todos os colectivos en xeral, teñen que estar representadas neses órganos. Penso que é a mellor forma para que se desenvolvan particularmente, e para o conxunto. Os poderes paralelos non son bos. -E agora Parada está na lista contaria. -Máis que estar, é él quen a move. Esta situación ten certo tufo, certo tinte de revancha, pero neste caso aderazada con todo o aparato político dunha determinada formación. Algo que me sorprende, xa que a confraría foi acusada moitas veces de facer política. E nós nunca tivemos que reunirnos para facer listas e preparar eleccións na sede de ningún partido. -Na súa lista hai moitos nomes novos -Si, hai unha renovación importante. E o que é máis importante: de toda a xente coa que falamos ningunha dixo non: animáronse a botar unha man. -Pero hai unha gran ausencia, a de Manolo Iglesias. ¿Vaino botar de menos se volve gañar? -Vouno botar de menos. Recordo que cando entramos na confraría, eu daquela tiña 33 anos, Manolo foi un punto de apoio, de axuda á hora de tomar decisións. Aínda que podo dicir que as decisións trascendentais sempre se tomaron na Xunta Xeral.