O alcalde está en débeda con Fredi e David

| FÉLIX JOSÉ LAMAS GONDAR |

AROUSA

TRIBUNA PÚBLICA

04 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

Aínda que fago este escrito en nome propio, quero aclarar que son directivo do CMCD Breogán e que, pola parte que me toca, pido disculpas a Fredi e David. Coido que a política deportiva neste pobo (gobernaran uns ou outros) nunca tivo unha dirección clara, entre outras moitas cousas séguese sen crear o consello municipal deportivo, prometido por todos os grupos políticos en varias campañas electorais. Pero ademáis hai outra política na que se inclúen cousas como: detalles, seguimento, recoñecemento... E, neste caso, o noso alcalde ten unha débeda cos nosos olímpicos: Fredi e David. No ano 1992, Joaquina Costa e Fredi Bea acudía aos xogos olímpicos de Barcelona daquela gobernaba no Grove Lina Bernández (PP)- e nomeouse «fillos predilectos» aos dous deportistas. Ao ano seguinte, David Mascato acadaba o título de campeón Mundo Xuvenil e dende o Concello concedéuselle a insignia de ouro e brillantes. Fillo de honra do Grove Nos xogos olímpicos de Atlanta estivo presente Fredi Bea -o alcalde entón era José Antonio Galiñanes (PSOE)-e nomouse ao palista como fillo de honra do pobo de O Grove. Durante o mandato de Miguel Ángel Pérez, Fredi e David participaron na olimpiada de Sidney, foron subcampeóns de Europa, subcampeóns do Mundo en pista e subcampeóns do mundo en maratón. E recibiron do Concello pouco máis que unha placa, unha palmada na espalda e a foto de rigor. Fredi e David, hai un par de anos, estiveron a piques de irse a un clube doutra comunidade autónoma por falla de apoios e no Concello a única persona que se moveu por este tema foi Paula Janza. Nin unha chamada de alento Candos estes dous palistas van ou veñen dun campionato, nunca teñen, dende o Concello unha chamada de alento, unha carta de ánimo, un saber que tan están. E estes e outros detalles son os que van enchendo o vaso ata que vota por fora, como ocorreu nesta última ocasión. Visto esta falla de resposta, en varias ocasións se lle solicitou ao Concello unha homenaxe para os tres olímpicos do Grove, non obtendo resposta en ningunha ocasión. Para rematar direi que no noso pobo úsase moito frases como: «No Grove non hai nada», «no Grove temos o que merecemos». Eu sempre estiven en contra destas frases feitas e coido que o que temos que facer en O Grove e recoñecer o que temos, que non é pouco.