«Nunca pensei en conducir unha cousa tan grande»

Elena Larriba pontevedra

AROUSA

El cronómetro | María Isabel Daporta Padín A historia laboral desta cambadesa, que traballou na industria pesqueira dez anos, mudou totalmente tras aprobar o carné de autobús

21 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

s. -Levo moi pouco tempo, pero polo de agora encántame o traballo. Dame a oportunidade de saudar pola rúa a xente que antes nunca tiña tempo de ver. Os compañeiros son encantadores e, aínda que nunca pensei conducir unha cousa tan grande, agora gústame. É unha vida agradable. -Ou sexa, que se converteu vostede nunha experta ao volante de «bichos» grandes... -O de conducir nunca foi o meu forte, pero apunteime ó cursiño para ter algún título e o profesor era moi bo. Aprendín moitísimo, de feito, ás veces pensaba que ía ir traballar para un taller, de tanta mecánica que nos ensinou. -¿Por que se apuntou ao cursiño municipal? -Eu traballei dez anos na industria pesqueira, pero deixeino cando tiven fillos. E agora, que os nenos xa van grandes, decidín voltar a traballar. O curso pareceume unha boa oportunidade para empezar. -Entre tanto conductor varón, ¿tivo vostede algún problema no traballo por ser muller? -Eu polo de agora non. Pero a unha compañeira do curso, que quere conducir bus escolar, unhas nais dixéronlle que non querían que levara ás súas fillas. -Falando das dezanove compañeiras do cursiño, ¿elas atoparon traballo? -Só estamos traballando cinco. Unha nunha ambulancia e as outras en buses.