O Grove prepara unha nova edición do certame Manuel Lueiro

La Voz LA VOZ | VILAGARCÍA

AROUSA

? concelleira de Cultura do Grove, Paula Janza, ven de convidar a todos os escritores a presentar as súas obras á XII edición do Premio Manuel Lueiro Rey. O premio ten unha dotación de 3.000 euros, cantidade que irá a parar a aquel texto, de entre 60 e 120 páxinas, que sexa escollido polo xurado. Nese órgano estará representada a editorial Sotelo Blanco, que se encargará da publicación do texto gañador nalgunah das súas coleccións. As obras deberán ser presentadas ó certame antes do 15 de agosto. Para obter máis información, pódese chamar ó 986 732 341.