«IdeG nunca se vendeu, e tivo moitas ocasións para facelo»

Rosa Estévez
Rosa Estévez VILAGARCÍA

AROUSA

Entrevista | Francisco Pérez, «Katelo» O medo escénico non só acompaña ós actores. Francisco Pérez, «Katelo», di sentilo no estómago diante do pleno do xoves, no que tomará posesión como edil de IdeG

25 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

? Francisco Pérez tocoulle sustituir a Chesqui como voceiro de IdeG. Asegura que esa sustitución é todo un reto. «Chesqui é un referente na política local. Deixou pouso. Eu penso que estar ó seu nivel é moi difícil», di Katelo. -IdeG non vai modificar a súa actuación no concello nin con Katelo nin con Chesqui. A actuación dos concelleiros de IdeG está subordinada á executiva. De aí non nos vamos a mover. En canto a que eu vaia ser máis proclive... Creo que IdeG xa demostrou en que lado está, que é na mesma posición que na pasada lexislatura: cando pensemos que o governo ten razón, votaremos ó seu favor, e se non, non. Na votación dos presupostos votamos en contra, despois de meditalo... Ós rumores non lles fago caso. -Vostedes aseguran que o seu activo é a coherencia. Pero, ¿qué é a coherencia? -A coherencia política é fácil de definir, pero non é fácil de manter. É ter uns puntos básicos e defendelos. As veces hai que perder un pouco da túa coherencia a favor do diálogo porque senón sería impracticable a política. Nós nunca nos vendemos por nada, e tivemos moitas posibilidades. -Teñen a chave do goberno. ¿Cómo a van usar? -O voto de IdeG non decide tanto. Sería decisivo se houbera bloques, pero non os hai. Igual en cuestións concretas sí somos decisivos. E neses temas teremos que ser moito máis responsables. -¿Qué é o que menos lle gusta da vida municipal? -Eu hai unha cousa que non soporto, e son as reunións que a veces facemos no Concello. Non por medo a debatir e discutir. O que me repele é que vas a unha reunión, e ó chegar alí cada un empeza a vaghear . No Grove somos vagheadores compulsivos. É unha cuestión xenética. A todo esto hai que añadirlle un mal da humanidade: que somos egoístas por natureza. E eso leva moitas veces a mentir. Moitos dos problemas que tivemos no Concello foron debidos á mentira. -Anque «vagheen», parece que a vida política do Grove se está normalizando. -Efectivamente. Nós non estamos de acordo co governo do PP, pero hai que recoñecer que para o municipio é positivo que teña un governo estable. -¿E a oposición?¿É inestable? -Inestable. Estase vendo. Que sexa un tanto inestable á hora de ter unha acción común entra dentro do normal. Cada un ten os seus plantexamentos. Pero aquí a propia oposición se pon zancadillas, e se corta as alas ela mesma á hora de medrar. E é certo que, a veces, actúa de freno de posibles actuacións importantes para o concello. Por eso, eu boto en falta unha visión un pouco máis de governabilidade. -¿Teñen medo a que lle corten as ás a vostedes? -Nos intenta cortar. Nos intentou cortar cando foi a investidura, tocounos na nosa liña de flotación. E eso é unha actuación en contra de IdeG. A oposición quere cambiar os estatuos do Patronato, porque somos nós os que estamos alí.