«O abastecemento de auga estivo ó límite no verán»

La Voz

AROUSA

Un dos principais problemas da mancomunidade é o abastecemento de auga. «O problema é que no verán somos 300.000 e precisamos unha rede que de respostas nos puntos de maior consumo», explica. -Este verán houbo que cortarlle a auga a Vilagarcía e Sanxenxo. -Tomamos a medida máis branda que total, ó final a restricción a Vilagarcía foi de doce horas. Ó final conseguimos aguantar e só houbo problemas puntuais en San Vicente, pero máis por un problema técnico. Agora, houbo días en que estivemos ó límite e nunha ocasión houbo que encher os depósitos con camións. -Pero a xente non se enterou... -Eu non son partidario de alarmar á poboación porque se pides que restrinxan o consumo o que fai a xente é encher a bañeira . -¿Vai solucionalo a ampliación da depuradora? -A obra ideal será traer auga por gravidade, pero se eso non se pode temos que ampliar a rede, porque a depuradora non deu problemas. O que pasa é que o consumo era tal que a rede non tiña capacidade. O que habería que facer é construir unha tubería paralela á que vai ó Grove, pero con maior capacidade, para subministrar a Ribadumia, Meis, Meaño e Sanxenxo e deixar a actual para O Grove.