TRIBUNA PÚBLICA | O |
23 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.DESDE este domingo a praza do Concello de Cambados ten un visitante menos. Nos últimos tempos era frecuente velo pasear agarrado da man da súa dona e da súa compañeira de toda a vida. Pero quizais non foi capaz de soportar a soidade que sentiu dous días antes, cando se produxo o finamento de Julia, a súa muller e compañeira de toda a vida. Sempre nos preguntamos canto tempo vivirían o un sen o outro porque nos parecía imposible que estivesen separados. Agora sabemos que non puido soportar a pena de perdela. O pasamento de Benito Silva deixa un vacío neste pobo de Cambados. Os albariños que seleccionaba no bar Silva e esas empanadas que cociñaba Julia, xunto coa amizade que trasmitían, quedarán imborrables nas nosas mentes. Tamén esa música que estaba presente en todo o que facía e que se convirteu nunha razón de vida. Vai dende este medio a sinxela homenaxe a un entrañable persoeiro que irremediablemente sempre formará parte deste pobo de Cambados. Dende aquí, ata sempre a Benito e Julia.