?n tempo de eleccións, a crítica e a promesa andan da man. O Bloque Nacionalista de Vilagarcía ten elaborado un amplo programa «de goberno». -Sintetíceme o seu programa. -Nós temos catro eixos sobre os que se levanta o programa. O primeiro sería a calidade de vida, o segundo o crecemento sustentable, a cultura, a eficiciencia e a imaxinación. Pero hai ademais un quinto eixo, o fundamental, a pedra angular do noso programa. Queremos implicar á xente en política, e por eso vamos traballar para conseguir aumentar a participación. -Falaba de que o PSOE non ten claro cara onde vai Vilagarcía. ¿Onde queren levala vostedes? -A nosa proposta de acción de goberno pasa por situar a Vilagarcía no papel que lle corresponde respecto á comarca, respecto ó Eixo Atlántico, respecto ó eixo económico e social formado por Vilagarcía, Pontevedra e Vigo, e respecto da ría de Arousa. Vilagarcía está carente dun papel. Por eso nós queremos dotala dunha planificación estratéxica. E eso querémolo enmarcar dentro de algo que enunciamos como Axenda 2020, e na que estarían implicados tanto as administracións como o sector privado.