«O progresismo é unha actitude do individuo, non unha opción política»

María Santalla VILAGARCÍA

AROUSA

08 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Jorge Domínguez afronta a súa primeira campaña como candidato do Partido Popular. Sen embargo, nesta ocasión «non me apetece nada. Cando viñan as outras notaba así un pouco de salsilla , parece que o corpo che pedía marcha, pero agora non». A pesar diso avanza que «vai ser idéntica á de tódolos anos. O único que estou confiado é en que vai a ser tranquila, sen ningún tipo de acusacións». -O cambio non foi motivado por iso, foi motivado porque tiña que tomar unha decisión de se me quería adicar á política ou se o quería deixar. A situación de independiente é un paso, non é un sitio para estar. En Meaño durou doce anos. Pero chegou o momento de tomar unha decisión e decidín meterme nun partido. Elexín o máis próximo á miña forma de pensar e de actuar. -Tal e como están as cousas, igual pensa que non elixiu o mellor momento para entrar no PP. - Eu metinme nun partido, pero eu non estou condicionado ós seus movementos. O partido, ó longo da historia, como lle pasa a tódolas formacións, ten momentos álxidos e baixos. Eu non estaba pensando que o partido tivera un par de asuntos cuestionables pola cidadanía como a guerra ou o Prestige . Pero saberá saír desta. Nuns momentos estará máis en auxe e noutros menos. -Tiña ofertas de varios partidos ¿por que o PP? -A miña proximidade co Partido Popular vén dun pensamento que teño eu liberal, e sobre todo dunha economía liberal. Pero o progresismo é unha actitude do individuo, non unha opción política. Un individuo pode ser liberal e progresista, ou pode ser socialista e retrógrado. Eu, como me considero progresista no social, necesito un sistema económico que me respalde a política social que quero aplicar. Por iso son do PP. Ademais podo demostrar que unha porcentaxe elevada de políticos da comarca e de Galicia que non se consideran liberais aplican políticas liberais. Eu, por exemplo, non creo nas privatizacións, non confío no Estado como xerador de riqueza. -Hai catro anos dicía que era máis coñecido ca popular. ¿Segue pensando o mesmo? -De momento a mín coñéceseme máis na comarca como alcalde de Meaño que como un membro cualificado do Partido Popular. Se dis Jorge Domínguez, a todo o mundo lle vai a mente a xestión, o alcalde de Meaño, non pensa en min como dirixente do Partido Popular. Eu creo que no corto prazo de tempo que levo no PP aínda non fun capaz de escalar ningún peldaño para que me sitúen arriba dentro do partido. Polo tanto, eu creo que sigo sendo máis coñecido ca popular. «A situación de independente é un paso, non é un sitio para estar. En Meaño durou doce anos, pero depois tiven que?tomar?unha?decisión» «A min coñéceseme máis como alcalde de Meaño que como dirixente do PP. Polo tanto, creo que sigo sendo máis coñecido ca popular»