Malia ter douscentos membros na comarca, só dous asistiron o mércores á asamblea da Mesa pola Normalización Lingüística, un deles, Chema. Fernández
31 oct 2002 . Actualizado a las 06:00 h.A Mesa pola Normalización Lingüística tiña previsto falar de moitos temas na asamblea celebrada o mércores en Vilagarcía, entre eles, a renovación da directiva na comarca. Non puido ser, porque só dous membros asistieron á reunión. Un deles, o profesor Chema Fernández. -Había dúas candidaturas para presidir á Mesa no Salnés, pero non se tomou decdisión algunha porque apenas foron socios. -¿Significa que xa non hai interés por estas actividades? -Non o creo, a Mesa ten douscentos socios na comarca. O que pasa é que a xente está metida nun montón de cousas, pero é certo que en reunións anteriores houbo máis asistencia. Tamén ocorre que moitos dos asociados son persoas que están estudiando en Santiago e xa participan nas actividades que se programan a nivel xeral. Pero é certo que semella que a xente está un pouco cansa, que cada vez lle costa máis traballo adquirir compromisos. -Entre esas actividades está a campaña para que Harry Potter se distribúa en galego. -Si. Onte falouse de manter unha entrevista coa Warner en Madrid e estase a levar a cabo unha campaña de recollida de adhesións á que se poden sumar por Internet, na paxina web da Mesa. -E na comarca ¿que cousas se van poñer en marcha? -A Mesa continúa coas actividades de Correlingua, que xa se celebrou no Salnés, e colaboramos cos equipos de Normalización Lingüística dos centros de estudios, cos concursos de pegatinas e outras actividades que se fan ó longo de todo o ano para potenciar o uso do idioma galego na comarca.