«O da escopeta é secundario, o obxectivo é pasalo ben»

Bea Costa
B. Costa VILAGARCÍA

AROUSA

Un millar de afeccionados do O Salnés empezaron o domingo a temporada de caza. O mal tempo non axudou e as enfermedades do coello, tampouco.

21 oct 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Na zona do O Salnés-Ulla hai interés pola caza. Proba delo é a ducia de sociedades existentes e as 45.000 hectáreas de terreo reservadas para os tecores (antiguos cotos). Pedro Rodríguez, secretario da sociedade vilagarciana, Karsita, foi un dos moitos que onte sairon ó monte. -¿Como foi o estreo? -Moi mal, polo tempo. Tanto aire e choiva borra todos os rastros e non lle deixa ós cans moitas opcións. -¿E cales son as perspectivas para o resto da temporada? -Non é que haxa unha cantidade excesiva de coello porque houbo vírica, e iso merma a pobación. Se repoboou e había moi bos resultados pero perdeuse moito. -¿Que especies cazan habitualmente? -Pode entrar algunha becada... pero case todo é coello. -¿Vostede é dos que opina que os cazadores teñen mala imaxe? -Algo hai, pero o pensan quenes non saben o que é esto. Tiñan que vir con nós e verían o que facemos. Facemos deporte, exercicio, vemos como traballan os cans. O da escopeta é secundario. O obxectivo é pasalo ben. Ninguén vai ó monte pola carne. A todos nos gusta cazar unha peza, pero é máis un deporte puro e duro que serve para desengancharse dos problemas cotiáns. -A caza está a vivir uns cambios moi importantes coa conversión dos cotos en tecores ¿como ve estas novedades? - Supoño que serán para ben. É máis, penso que os tecores deberían ser provinciales e incluso rexionais. Que desapareceran os cotos e foran comunitarios, que se eliminaran as fronteiras.