AREOSO
12 ago 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Cando Sogama empezou o seu proxecto escribíronse ríos de tinta e houbo non poucas polémicas. Agora, uns anos despois e cando este debate parecía superado, parece que a historia está condenada a repetirse. A empresa da Xunta aproba unha subida de prezos e os alcaldes empezan a botarse as mans á cabeza. A medida condénaos a subir o recibo da basura o cal non é prato de gusto para os políticos, e menos cando se está ás portas dunhas eleccións municipais. Coma calquera cidadán estou en contra da subida de impostos, polo que me vai nilo, pero tamén son consciente de que as cousas non se fan soas e se queremos que nos recollan a lixo da porta da casa e se faga un tratamento racional da mesma hai que pagar. Se para que o servicio funcione ben hai que sacar 78 millóns de pesetas dos bolsillos dos veciños do Salnés, adiante. O que non me parece tan ben é que non se establezan prioridades e se lle pida un esforzo máis ós contribuintes cando se están a tirar cartos todolos días en festas, eventos e outras gaitas prescindibles para o estado de benestar que tanto pregoan os poderes públicos. Alomenos, tal e como o entendo eu.