Reclaman o recoñecemento dos seus dereitos como combatentes na guerra O fillo do Cotexo lembrou as peripecias do seu pai na clandestinidade
02 ago 2002 . Actualizado a las 07:00 h.A Hai moitas loitas desiguais e os guerrilleiros libraron, cando menos, dúas delas. A primera é a loita histórica contra o franquismo. Unha loita da que se falou onte en Catoira, e que padeceu todos os inconvintes dunha guerra contra o tempo e contra un poder brutal. A segunda estase librando agora, tamén é desigual porque son pouco a batallar contra as circunstancias. Esta segunda loita é a guerra contra a desmemoria e o esquecemento. Da necesidade de que todo o mundo participe neste combate incruento falaron onte os guerrilleiros que se deron cita no salón de plenos de Catoira. Dous deles, Francisco Martínez, alias Kiko, e Manuel Zapico Terente, están no centro desa batalla contra o esqueceento, participando en todas cantas actividades se organizar para lembrar que a dos guerrilleiros foi unha loita en defensa dunha legalidade. Precisamente foi Kiko, quen agora é presidente dos guerrilleiros de España, quen advertiu que eles non quería ser herois, non provocar nostalxia. Eles, xunto con Camilo de Dios, Josefina González Cudeiro, viúva de Antón Seoane e enlace, e Carmen Ponte Rivas, filla de Manuel Ponte, e o fillo do Cotexo, un guerrilleiro de Vilagarcía, falaron das experiencias de vivir fuxido, de organizarse no monte, de ir á cadea ou ó exilio. Consideran que esa é unha experiencia que debe ser tida en conta no presente, pero non tanto porque eles pasaran por ela, como por ser unha testemuña de resistencia que debe ser tida en conta na hora de construír un país. Camilo de Dios, nacido na Limia ourensá, foi o guerrilleiro máis novo que loitou en España. Agora conta as experiencias daquela época e algunhas delas serian material cinematográfico: asaltos a cárceres, utilización de uniformes do exército de Franco, fuxidas. Sen embargo, os guerrilleiros non queren que prevaleza a imaxe da aventura, para eles, debe prevalecer a intención da loita, a intención do combate pola república e en contra dun réxime de terror que se afanou en perseguilos, Para os guerrilleiros contra a desmemoria, o máis importante é lembrar o motivo da súa loita: recuperar a libertade.