Cambados inaugurou unha mostra na que se recrea un aula dos anos corenta Aqueles tempos nos que a enciclopedia se gardaba no pupitre, nos que a tinta manchaba as mans dos escolares e nos que algúns crían cegamente eso de que a letra con sangue entra. Ese é o ambiente que recrea dende onte o auditorio do Concello de Cambados nunha exposición organizada polo MuseoPedagóxico de Galicia. Á inauguración acudiron mestres de todo o municipio que rememoraron aqueles tempos nos que eran eles os que se situaban diante do encerado para amosar que tiñan a lección ben aprendida.
16 jul 2002 . Actualizado a las 07:00 h.O Museo Pedagóxico de Galicia creouse no ano 2000 e actualmente conta con máis de 15.000 pezas que están sendo catalogadas e restauradas. Estes fondos proveñen de escolas de toda Galicia e están compostos por mobiliario e materiais escolares entre os que se atopan enciclopedias, mapas e ata o temido punteiro. Coa fin de dar a coñecer esta nova institución ós galegos, o centro organiza unha exposición itinerante que onte chegou a Cambados. Nela recréase un aula de época, de entre os anos corenta e setenta. Tamén se inclúe material escolar, mobiliario e material didáctico, coma os ábacos, libros escolares e mapas. A inauguración de onte estivo presidida polo alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís, e polo coordinador científico do museo, Vicente Peña. Ó acto acudieron numerosos mestres de todo o municipio, incluido Gumersindo Márquez, profesor de Oubiña que lle dou clases ó actual rexedor. Todos eles aproveitaron a ocasión para lembrar vellos tempos nos que se situaban ó outro lado da mesa de mestre.