O mal tempo desluciu as feiras do Grove e Cambados O Grove e Cambados celebraron onte as únicas feiras do libro que se organizaron na comarca arousana con motivo do Día das Letras Galegas. Aínda que o tempo non acompañou e mesmo desluciu as actividades dos libreiros, foron moitos os veciños que se acercaron ata as casetas destes municipios para mercar un libro en galego. Mentres, as actividades para os nenos grovenses tiveron que ser restrasadas, o concerto da banda de Castrelo tivo que ser trasladado á Cultural.
17 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.REDACCIÓN CAMBADOS A choiva quixo ser a gran protagonista do día de onte na comarca de Arousa. A auga que caeu durante boa parte da mañá casi consegue suspender algunas das actividades previstas, coma as feiras do libro de Cambados e o Grove. Na praza do Concello cambadés, os libreiros instalaronse ó redor das doce da mañán. Alí aguantaron estoicamente e con moi bo humor os distintos chaparróns que cairon ó longo do día. Afortunadamente, a situación millorou algo pola tarde e foron moitos os veciños que se achegaron a esta primeira feira do libro do municipio para mercar, co 10% de desconto correspondente, un volumen en galego. Ás oito da tarde, os libreiros sortearon premios entre aqueles que mercaron algún dos libros. E tamén entregaron os premios do concurso escolar. Mentres, o concerto da banda de música de Castrelo, previsto para as doce da mañá, tivo que ser trasladado ó auditorio da Sociedad Cultural. A abundante choiva que caía nese momento e a previsión de que puidera ser moito máis, obligou a cambiar o lugar da actuación. Esto non impediu ós presentes disfrutar dun bo concerto.