Representacións teatrais, exposicións e unha marcha ciclista centran os actos da comarca para os próximos días A medida que se vai acercando o Día das Letras Galegas, vanse incrementando o número de actos organizados na comarca arousana para celebrar tan importante ocasión. Onte foron os escolares dos colexios da Illa os que se subiron ós escenarios e inauguraron exposicións sobre Frey Martín Sarmiento e sobre as embarcacións tradicionais. Os centros continuarán cos actos esta semana organizando sesións de contacontos e xogos tradicionais. Pero non son os únicos, colexios e concellos de toda a comarca ultiman estos días os preparativos para o venres, no que teñen cabida todo tipo de actividades. Dende feiras de libros, exposicións e representacións teatrais ata a marcha ciclista popular que organiza o Ateneo Vikingo de Catoira.
14 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.M. A. VILAGARCÍA Ainda que a maioría dos actos terán lugar o venres, colexios e concellos xa comenzaron esta semana a celebrar o Día das Letras Galegas. Estas son só unha parte da longa lista de acontecementos: Ateneo Vikingo. Esta asociación de Catoira organiza o venres unha marcha ciclista popular. A saída será as dez e media da mañán do adro do Concello e percorrerán 26 kilómetros. Ó finalizar a mesma sortearanse tres bicicletas, 30 cascos, 100 camisetas e ducias de regalos máis. Na anterior edición participaron arredor de cincocentas persoas. Valga. O municipio de Valga continúa hoxe co programa de festas cunha campaña de fomento da lectura a cargo de Ramón Caride. O xoves inaugurarán a exposición sobre os pombais de Valga na casa do Concello. E o sábado presentarase o libro Carolina Otero de Marga Doval. Catoira. As once da mañá do xoves, o concello celebra un curso de introducción á poesía visual. Partindo da poesía, Cristina F. xogará con obxectos e imaxes tridimensionais para construir unha serie de poemas obxecto. O venres celebrarase o concerto da banda da escola de música, as seis da tarde na alameda. Vilagarcía. Os colexios do Piñeiriño e A Lomba prepararon unha ampla programación para estes días. No primeiro adícase unha rúa do colexio a frei Martín Sarmiento, e o día 16 haberá una romaría con degustación de peixe e marisco. Os da Lomba celebran hoxe un festival no Castro Alobre.