O de esta tarde non é máis que o comezo dunhas intensas festas en Vilagarcía. Mañá chega o primeiro momento forte, co festival de comparsas na praza da Pescadería. As comparsas, formadas por un mínimo de quince persoas, iniciarán os seus cánticos ás cinco e media. Atención, porque o xurado prestará especial atención á espectacularidade, orixinalidade e espontaneidade dos grupos participantes. Desta volta, todo o mundo cobra. Hai axudas de entre 60 e 150 euros (24.958 pesetas) para os grupos, en función do número dos seus compoñentes. Están excluidos, claro, os tres premios, dotados con 540, 360 e 240 euros (39.933 pesetas) respectivamente. En total, o Concello pon sobre a mesa 4.700 euros (782.014 pesetas) para unha celebración por todo o alto.