Discriminación pola capa

La Voz

AROUSA

Cultura negou un recital poético ó «Vampiro de Pontevedra» Foi estrela da televisión máis polo seu aspecto que polas súas dotes artísticas. Sen embargo, Vladimir Dragossan, coñecido tamén como o «Vampiro de Pontevedra» decidíu incorporar a poesía ás súas capacidades extrasensoriais. Como tal foi seleccionado para unha antoloxía de poesía nova. Como tal pretendía dar un recital na casa de cultura de Vilagarcía. A concellería dixo primeiro que si e, unha vez recoñecido o personaxe, que non. Na programación apareceu o acto, pero impúxose o medo á capa máis nocturna de Galicia.

02 feb 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

C.F. VILAGARCÍA Vladimir Dragossan, quen paseou en tempos as súas capas xunto ás portas musicais de John Balan nunha moto con sidecar, chámase segundo o rexistro civil Rafael Pintos. Como tal solicitou a sala da casa de cultura para celebrar un recital que serviría para presentar o libro Antología de Jóvenes Autores de la Poesía Española: vol.3, acto no que estaría acompañado polo guitarrista Adolfo Panero. Ata aquí todo vai normal. O acto aparece como programado, segundo o único vampiro galego, e mesmo é ensaiado polo poeta e polo guitarrista. Sen embargo, un día antes da celebración, comunícanlle que o acto queda suspendido, sen darlle outro argumento diferente a que nunca se recibirá solitude para o mesmo. O agora poeta considera que non se pode consentir que os concellos administren deste xeito a actividade cultural. Vladimir insiste en que a solicitude foi requerida no seu día polo Concello, entregada e o acto aceptado. Despois, alguén tivo coñecemento que o poeta antologado e recitante se paseaba con capa polas noites de Pontevedra como se fose a capital de Transilvania. E quizais no departamento de Cultura no gustou a estética que fixo famosa Bram Stoker na nunca ben ponderada novela sobre Drácula.