Os mestres presentan un xogo de mesa con preguntas e respostas da comarca

La Voz

AROUSA

«Salnésxogo» está pensado para os alumnos de Secundaria, pero é un bo pasatempo para toda a poboación A Coordenadora de Equipos de Normalización Lingüística leva xa moitos anos traballando pola difusión do idioma na comarca con moitas e interesantes iniciativas. Pero a máis orixinal foi presentada onte no instituto Armnado Cotarelo Valledor. Trátase dun xogo de mesa semellanto ó Trivial con preguntas e respostas da comarca que abrangue diversos apartados como humanidades, cultura, xeografía, ocio ou deportes. Co patrocinio de Caixanova realizáronse mil exemplares. Douscentos foron xa distribuídos polos centros de ensino medio da comarca. Tamén hai unha edición en CD-Rom.

31 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

S. L. L. VILAGARCÍA O xogo consta dun taboleiro que representa un mapa da comarca e que hai que percorrer con fichas unha vez que se vaian acertando as preguntas escritas en 440 tarxetas. O pasatempo non deixa de lado ningunha das cuestión de interese para a comarca. As preguntas, elaboradas polos Equipos de Normalización Lingüística coa colaboración de medio cento de mestres de ensino medio, abrangue catro grandes apartados: humanidades, ciencia e tecnoloxía, ocio e deportes e lingua e literatura. Salnesxogo foi presentado onte no salón de actos do instituto Armando Cotarelo. Xabier Camba e Isabel González Avión en nome da coordenadora deron a coñecer os pormenores desta interesante iniciativa acompañados de Javier Villaronga en nome de Caixanova, entidade que patrocinou a elaboración do traballo. O atractivo deseño correu a cargo de Eduardo Bahamonde, profesor de debuxo, e Chema Fernández encargouse da edición en CD-Rom.