Para que a historia non se quede atrás, a Fundación Plácido Castro e o Instituto galego de anális e documentación internacional colaboraron nunha páxina web na que se pode repasar unha parte da obra do intelectual e xornalista, así como un calendario dos actos que celebrarán para lembrar o centenario do nacemento de Castro. A web, á que se pode acceder dende a dirección www.Igadi.org, ofrece dous grandes bloques, por unha banda distintos artigos sobre o labor e a figura de Plácido Castro, entre os que se inclúen os textos da conferencia celebrada o pasado ano en Cambados ou a do ano anterior en Vilgarcía. Por outra banda, están tamén na rede os textos escritos por Castro para os medios de comunicación de medio mundo, dende a BBC a xornais arxentinos como La Nación, sobre argumentos diversos. Ademais da que se denomina obra xornalística, a páxina ofrece tamén unha sección de ensaios escritor por Plácido Castro e que, segundo a mesma páxina, sirven para determinar as grandes preocupacións do periodista e as súas reflexións principais. Na web tamén se recorda a convocatoria do premio e as actividades que convertirán este ano no adico á memoria e traballo de Plácido Castro. A páxina se completa coa declaración de intencións e a explicación do carácter que ten a Fundación Plácido Castro, ó tempo que se inclué o texto dos estatutos que rixen o funcionamento desta institución.