A actualidade política internacional tamén será levada a debate na casa de cultura este mes. O venres día 11, ás 20.30 horas, terá lugar unha charla na que se presentará «Olladas do planeta-festival de cine sobre minorías», un certame cinematográfico que se celebrará en Pontevedra entre os días 15 e 20. A presentación completarase coa proxección do filme Camiñantes de Fernando León. O día 30 terá lugar unha charla sobre «A Guerra», organizada por Cidadanía pola paz, na que participarán o director do Igadi e un representante de Amnistía Internacional. A última das conferencias celebrarase o día 31. Jesús Muñoz, doutor en Teoloxía, falará de O islam, un Dios sin Cristo. Teatro do Aquí e unha exposición colectiva de artistas contemporáneos galegos cerrarán os actos previstos na casa de cultura para este mes.