A compañía Tanxarina presenta hoxe en Vilagarcía o seu espectáculo «Os Contaloucos» Nada mellor que a maxia do teatro para disfrutar das tardes navideñas. Sobre todo porque supón un desafogo para pais e nenos cando as escolas están pechadas a cal e canto. O ciclo «Vive o teatro no Nadal» inaugurouse o pasado mércores coa compañía arxentina Cinco Funciones e o seu «Blues dos dinousaurios tristes». Onte chegoulle o turno ó «Xan Trapallas» de Monicreques de Kukas. Pero a cousa non queda aí e durante o que queda de Nadal os máis pequenos terán unha cita co teatro na casa de cultura.
27 dic 2001 . Actualizado a las 06:00 h.REDACCIÓN VILAGARCÍA Entre as butacas da casa de cultura, en función das seis da tarde, correrán mil historias de teatro e monicreques durante este Nadal. O ciclo «Vive o teatro» continúa hoxe coa posta en escea da obra Contaloucos, a cargo da compañía Tanxarina. Pero as sorprendentes historias que xurden baixo os pequenos escearios de títeres non rematan aquí. Hai moito máis que contar e moitos máis fíos que mover. O mércores da semana que ven retomaranse as representacións. Ás seis da tarde chegará á casa da cultura de Vilagarcía a compañía Trompicallo co seu espectáculo Jiñol. A entrada para participar en cada unha das representacións é gratuita. Ó día seguinte, xoves, Cachirulo encargarase de achegar ós rapaces A merenda de Gamelón. Cada neno e nena que asista a esta representación recibirá un libro como agasallo. E é que o espectáculo conta coa colaboración da Editorial Bruño. O ciclo «Vive o teatro» finalizará o venres día 4 coa posta en escena de Xan sen medo contra os chupacontos, tamén da compañía Cachirulo. De novo os nenos recibirán un libro de regalo. Así é que ademáis de teatro, os nenos tamén poderán disfrutar da lectura. As actuacións están incluídas dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia.