PABLO PENEDO LER, ESCOITAR Amado Cascallar, ex-presidente de Zona Aberta
17 nov 2001 . Actualizado a las 06:00 h.Hai medio mes que deixou a presidencia de Zona Aberta e, con ela, moitos compromisos dos que absorven tempo e máis tempo. A falta de pechar certos asuntos pendentes, Amado Cascallar agarda recuperar en breve os momentos necesarios para deleitarse coas súas preferencias literarias e musicais. Mentres, comparte a viaxe interior de Castelao a través de Sempre en Galiza. -¿Que lle levou a escoller este libro? -Busca-las raíces. Considérome galeguista, e como fillo de emigrantes que son tamén sentín a morriña galega no exterior. Por iso me atraeu este libro. Nel Castelao di que a tradición non é a Historia, senón a eternidade. Gústame moito asociar esa frase ó comercio tradicional, e dicir que este non é a Historia, que será eterno trocando as formas. -Á marxe desta obra, ¿que lectura lle gusta? -Os libros de Pérez Reverte. Inclusive me gusta le-los seus artigos en El Semanal. Paréceme unha persoa moi ecuánime que trata os temas con puntilla e ahínco. E a min gústame a xente que fala sen tapuxos. Tamén me gusta a literatura de intriga. Son pouco lector, polo que os libros que leo teñen que engancharme. -Preferencias literarias moi concretas, ¿e musicais? -Gústame todo. Iso si, son un gran amante do folk, sobre todo de Fuxan os ventos, e me gustan moito os ballenatos e a música clásica. O único que non me gusta, quizais porque non o entendo, é o flamenca.