Os colexios arousanos disfrutan dos festivais na antesala do 17 de maio Esta é a semana dos festivais das letras, dos encontros en pro da lingua e de centos de poemarios que voan dende o papel ata a palabra. Así, os alumnos máis pequenos do colexio Arealonga de Vilagarcía celebraron a súa particular festa das Letras Galegas, entre cantigas, música e teatro. Tamén o instituto Castro Alobre se suma á homenaxe, non só para quen se adica este día, Eladio Rodríguez, senon para recoñecer a labor dos moitos feiticeiros de historias que pariron terras galegas. Para elo, celebrouse neste centro un recital que serviu para dar voz ó galego a través das voces de varios escritores.
15 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.C.U. VILAGARCÍA Ás once e media da mañá principiou o festival das Letras Galegas no colexio Arealonga. Os alumnos de educación infantil e primeiro, segundo e terceiro de primaria iban e viñan polo escenario. Co telón de fondo celebraban a festa da cultura coa interpretación de cantigas, actos de teatro, e a lectura de poemas. Por suposto, non podería faltar nunha ocasión tan da terra o atavío de gaiteiro. Sen saír de Vilagarcía, no instituto Castro Alobre tamén se adicou a mañá ás letras, cun recital no que participaron varios escritores. Iolanda Castaño, Carlos Negro, Sara Pino, Celso F. Sanmartín e David Souto non quixeron perde-la oportunidade de ler ós seus guías na arte da escritura. Xunto con esta actividade, unha unidade didáctica relacionada con esta data tan sinalada, unha revista e unha exposición. O día de onte xa foi de moito traxín cultural. Así, en Cambados volveu haber unha nova sesión da mostra de teatro escolar na Sociedade Cultural, coa representación das obras A ratiña presumida e O Touro Ferdinando. E como o resto dos colexios non queren ser menos, no Piñeiriño tamén teñen unha exposición de libros viaxeiros e unha rúa adicada a Curros Enríquez, e no Rosalía de Castro, haberá tamén un gran festival das Letras Galegas, no que participarán pais, mestres e alumnos. Unha morea de actividades... e aínda estamos na véspera do día de.