A década dos setenta revive no pub Vip de Vilagarcía

La Voz

AROUSA

VÍTOR MEJUTO

Imprescindibles os pantalóns de campana e os movementos «fever night» Non acudirán os Bee Gees pero estarán de corpo presente. A pista de baile do pub Vip encherase o sábado de pelucóns, pantalóns de campana, plataformas e un chisco de horterada. Ou moita. A festa dos setenta que ven de organizar este local vilagarciano só permite a entrada a xente sin sentido do ridículo e adeptos ó escándalo.

26 abr 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

REDACCIÓN VILAGARCÍA Despóis da medianoite, cando din que as cousas se transforman. A homenaxe á década dos setenta comezará á unha da madrugada. Sobre a pista de baile, unha bola de discoteca que atraerá a máis de un Toni Manero con camisa de colos almidonados e calabrote sobre o peito semidescuberto. A festa dos setenta que ten preparada o Vip vai un pouco máis alá da sesión guateque de gaseosa e pudor á española. Terá un sabor quizáis a antro da época. A entrada será libre. O único requisito para poder participar neste «revival» é o vestiario e acoplar ós movementos ós sonidos Estudio 54. Para elo, o tocadiscos trocará os temas de actualidade polos «hits» da época. Dende os Jackson Five, da época na que Michael aínda non perdera a cor, ata as coreografías dos Village People. Tampouco faltarán o cuarteto uniformado ABBA, os Rolling Stones ou a guitarra de Hendrix. Una mistura de estilos que fixeron berrar a aquelas rapazas de saia imposible. Unha dúbida. ¿Desplegará a súa capa sobre a pista o cantante de Boney M?. Como oferta especial para os clientes que acudan ó Vip, haberá catro minutos de barra libre. A febre do sábado noite chegou a Vilagarcía.