Baco prefire Barrantes

La Voz

AROUSA

VÍTOR MEJUTO

O Concello de Ribadumia comenza esta tarde os actos de celebración da súa popular festa Os veciños de Barrantes ultiman os preparativos para celebrar, con todo luxo de detalles, unha nova edición da Festa do Viño Tinto. Serán tres días de celebracións nos que as cuncas deste preciado caldo acaden un especial protagonismo. Ó marxe dun programa de actos renovado, os habitantes e turistas que visiten esta parroquia ribadumiense poderán disfrutar nas improvisadas tabernas que algúns veciños abrirán en estancos ou simples garaxes particulares. A organización dispón de máis de 400 botellas para as degustacións gratuítas, que este ano estarán acompañadas de pan de millo e chourizos.

01 jun 2000 . Actualizado a las 07:00 h.

REDACCIÓN VILAGARCÍA Ás seis da tarde, un pasarrúas a cargo do grupo de gaitas do colexio público de Ribadumia dará comenzo, de forma oficial, a vixésimo octava celebración da Festa do Viño Tinto de Barrantes. A partir de ahí, centos de persoas disfrutarán, durante a fin de semana, do colorido e sabor deste caldo. «Haberá viño de sobra», anuncian dende a organización. Contan cunhas 400 botellas para a degustación gratuíta que terá lugar ó próximo sábado á unha e cuarto da tarde. Esos sí, este ano poderá acompañarse o viño de pan de millo e chourizo, por eso de que non caia mal no estómago. Antes, os mozos de Barrantes, e do resto da comarca, xa terán disfrutado dunha noite enteira de diversión. Dende primeiras horas da tarde do venres e ataviados coas xa tradicionais camisetas, os máis novos comenzarán a súa particular celebración ó marxe do programa de actos. Nas adegas particulares comenzará a correr o tinto e todo tipo de tabernas improvisadas servirán para atender a elevada demanda que sempre rexistra o municipio nestas datas. Sen embargo, o día grande desta celebración non chegará ata o sábado. Tras a degustación, celebrarase o tradicional almorzo de confraternidade no que mozos, e non tan mozos, beberán e bailarán ós son de charangas e grupos infantiles. Pouco despois terá lugar a lectura do pregón que este ano conta cun invitado de luxo. Será o presidente do Celta de Vigo, Horacio Gómez, quen fale nesta ocasión. Este discurso dará paso á entrega de trofeos ós mellores caldos tintos e autóctonos da comarca, que foron seleccionados tras varias semanas de catas en tódalas parroquias. A partir de ahí, todo pode suceder.