Alemáns, ingleses e pequenos paspallás

La Voz

AROUSA

V. MEJUTO

BEGOÑA PASOO POMBAL

16 may 2000 . Actualizado a las 07:00 h.

O «ALBATROS» VOLTOU A VILAGARCÍA. O cruceiro con bandeira de Bahamas, o Albatros, visitou unha vez máis Vilagarcía cargado de turistas. Foron 400 alemáns ós que se achegaron ó peirao de Ferrazo e foron recibidos polas azafatas do Concello que lles serviron de guías no seu paseo por Vilagarcía, unha iniciativa da Concellería de Turismo que agora preside Ramona Castaño. Ós turistas tamén se lles fixo entrega de folletos cos principais puntos de interese da cidade e da comarca.TEATRO EN INGLÉS. A compañía británica Moving Parts Theatre estivo onte en Vilagarcía para representar perante os alumnos dos institutos Armando Cotarelo e Bouza Brey unha obra en inglés que levaba por título Lost in Spain. Organizada polos departamentos de inglés destes centros, que no Cotarelo está formado polos profesores Ana López, Ana Seoane, Teresa Justo, Luz, Fran e Nelly, a obra ten por obxectivo facilitar ós alumnos o emprego deste idioma. Por iso, os protagonistas foron dous extraterrestres que escaparon do seu planeta e que somentes sabían comunicarse na lingua da Gran Bretaña.NA LOMBA NACERON PASPA-LLÁS. No colexio da Lomba estase a estudiar o proceso de incubación coa montaxe de tres incubadoras con ovos de pitas e paspallás. Onte naceron no centro algunhas crías de paspallás, para sorpresa dos pequenos alumnos que xa teñen unha nova responsabilidade. ¡Que teñan mellor sorte que o galo Rufino de Gran Hermano!