Carraxe

Fran Varela EL ESCÁNER

ANDAR MIUDIÑO

PACO RODRÍGUEZ

21 mar 2021 . Actualizado a las 00:07 h.

Acarraxe ten que sobrepoñerse por riba do desalento que seguramente se respiraba no vestiario ao finalizar o partido. Se temos en conta que case ningún xogador está aínda como antes do gromo, tanto no aspecto físico como mental; as faltas (algunhas moi evitables) que limitaron o xogo de Daum; os problemas na dirección do equipo, e sobre todo as perdas de balón, ser capaces de empatar o partido a falta de dous segundos é para seguir crendo no traballo de todos e pensar que as vitorias cada vez están máis preto.

Dominaron o rebote e melloraron en defensa, a pesar de que Unicaja se mantivo máis ou menos na súa media de anotación. Perder deste xeito doe moito pero temos que ser positivos. Agardamos que se vaian sumando máis xogadores (ou polo menos que non se caia ningún máis) de cara as frenéticas xornadas que quedan, e porqué non enfocar esa carraxe e deixala saír contra o Madrid, o vindeiro martes. Cunha vitoria veremos todo doutro xeito.