A artista máis universal de Viveiro, Maruja Mallo, volveu ó Pastor Díaz

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

Carlos Nuevo Cal, xunto coa concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, e José Luis Ferrís, este domingo no Teatro Pastor Díaz
Carlos Nuevo Cal, xunto coa concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, e José Luis Ferrís, este domingo no Teatro Pastor Díaz Xaime Ramallal

José Luis Ferrís e Carlos Nuevo Cal ofreceron dúas charlas sobre a pintora

14 mar 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Un libro de Sandra Elmert sobre as cen mulleres «que cambiaron o mundo» fala de Maruja Mallo (Viveiro, 1902-Madrid, 1995) como «unha pintora transgresora, representante do arte vangardista español, que loitou por acabar cos costumes anticuados e pola dignidade da muller». E os ecos da figura e da obra da artista máis universal de Viveiro regresaron este domingo ó Teatro Pastor Díaz da man das conferencias que, promovidas polo Concello de Viveiro, ofreceron José Luis Ferrís, especialista la traxectoria de Maruja Mallo, e Carlos Nuevo Cal, cronista oficial de Viveiro, e tamén experto nela. Os dous destacaron a traxectoria e a relación coas vangardas dunha muller que, entre outros, sufriu o exilio e tivo contacto estreito con membros da Xeración do 27 como Rafael Alberti.