Comeza en Ribadeo cun cento de veciños a nova edición de «Aquí?... Coma de 20!»

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

PEPA LOSADA

As activides chegan ás parroquias do rural

11 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe arrinca en Ribadeo unha nova edición do programa «Aquí?... Coma de 20!», no que un cento de veciños e veciñas das parroquias ribadenses participan nas actividades ofertadas polo Concello. Este programa estreouse no ano 2013 cunha ampla oferta de actividades destinadas a persoas maiores de 65 anos que viven nas parroquias de Ribadeo. Cos anos foise completando a oferta, por exemplo, no 2015 cun obradoiro de memoria, que agora se vai repetir. Este ano, de 16.00 a 18.00 horas haberá tardes de lecer os luns en Vilela, os martes en Cedofeita, os mércores en Rinlo, os xoves en Cinxe e os venres en Santalla de Vilaosende. E de 18.30 a 20.30 horas as actividades chegarán os luns a Remourelle, os martes a Vilaselán, os xoves ás Anzas e os venres a Couxela.