O conselleiro de Economía informa en Foz sobre as axudas
25 feb 2019 . Actualizado a las 20:53 h.O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, informou onte en Foz -nun encontro cos pequenos comerciantes e empresarios, promovido pola FCAM- que a Xunta activará nas vindeiras semanas un programa de axudas por valor de 3,8 millóns de euros para impulsar a dixitalización e a modernización de empresas comerciais e artesanais.
Adiantouno onte no encontro networking con autónomos e emprendedores dos concellos da Mariña. O conselleiro salientou que os comerciantes beneficiarios poderán desenvolver proxectos de modernización integral de locais ou implantar novas fórmulas de comercialización.
Conde destacou que o comercio está a vivir un momento de fondos cambios no que o comercio de proximidade ten que dar resposta ás novas demandas, achegando novos servizos e produtos. Este sector, dixo Conde, «é un dos principais activos económicos da Mariña».
Tamén se referiu ao solo industrial e ás bonificacións do 50% da Xunta para implantárense as empresas na Mariña. «A través do concurso público de Xestur, as empresas poden presentar as súas ofertas para acceder a 15 parcelas no parque empresarial de Cervo e a 14 parcelas en Viveiro. En total, máis de 65.000 mts en 29 parcelas».
«O comercio de proximidade está a vivir cambios, e este sector é un dos principais activos económicos da Mariña luguesa»
«A Xunta, a través de Xestur, ofrece bonificacións do 50% en 15 parcelas do polígono de Cervo e en 14 do
de Viveiro»