«Por levar a santiña non estamos nerviosos, pero si emocionados»

Yolanda García Ramos
Y. GARCÍA BURELA/LA VOZ

BURELA

XAIME RAMALLAL

O palangreiro "Siempre San Prudencio" con base no porto de Burela convértese este domingo na nave capitana da procesión por mar

01 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Julio Pernas Otero e Juan José Pernas Pedreira, de San Román de Vilaestrofe (Cervo), son irmáns que dedicaron toda a súa vida ao mundo do mar, no que fixeron todo tipo de tarefas. Levan a empresa armadora Pastor Nauta C.B., propietaria do palangreiro Siempre San Prudencio que este domingo levará a imaxe da Virxe do Carme na procesión marítima das festas de Burela. A elección sempre é por sorteo.

?Cantos anos ten este barco?

?Levamos con el dende 2012.

?Cantos barcos tiveron xa?

?En total, cinco.

?E sempre entre os dous irmáns? Como se artella a fórmula de negocios e familia?

?Si. Querendo, lévase ben, e se todo vai polo bo camiño...

?Dedicaron a vida ao mar pero xa lles viña de familia antes?

?Non nos viña de familia. Eu teño 69 anos, vou para os 70. Meu irmán ten 65. Empezamos de moi novos no mar. Fomos mariñeiros, motoristas, patróns... e cociñeiro meu irmán, tamén.

?Xa viña co nome «Siempre San Prudencio» ou rebautizárono?

?Comprámolo a outra casa armadora e xa se chamaba así. Antes existiron o San Prudencio e o Nuevo San Prudencio. O nome do barco veu do País Vasco.

?No mundo mariñeiro séguense conservando certas tradicións. Cal é o principal ritual cando toca saír a navegar no porto burelense?

?O principal ritual cando saímos de porto é poñer a proa de cara á santiña que hai na punta do muelle. Tamén non saír en martes, etc...

?Son importantes eses costumes para vostedes?

?Penso que é fundamental. Se te olvidas pérdense. É moi bo sistema recordalos. As xeneracións novas seguen con eles. As que hai... Agora hai moi poucas xeneracións novas porque vexo que o mundo do mar está morrendo, indo a menos.

?Á costeira cada vez van menos.

?O ano pasado fomos ao bonito e este ano seguimos indo á pescada porque cambiar o acondicionamento do barco dunha pesquería para outra faise engorroso. Fomos case toda a vida á costeira pero houbo anos que xa non.

?Cales son as características do barco que guiará a procesión?

?Ten 28 metros de eslora e 6,50 de manga. É azul. Antes era vermello. Son 14 os tripulantes. É un palangreiro ou pincheiro.

?Tocoulle ao «Siempre San Prudencio» levar a santa outra vez?

?Non, neste barco tocounos este ano por primeira vez. Pero como empresa armadora xa é, con esta, a terceira.

?Que significado ten?

?Para min é unha satisfacción e penso que para todo o mundo do mar. Nerviosos non estamos, para nada, porque estamos acostumados a ir ao mar e ir coa santiña non nos pon nerviosos pero si estamos emocionados.

?Nese día acórdase un de todo o que lle pasou no mar?

?Si, acórdaste de todo o que pasou no mar, as cousas boas, as malas... porque sempre hai de todo. Pero pesan máis as malas.

?Algo en concreto que vivira?

?Algúns feitos che calan máis que outros. Cando pasa algo raro, un sinistro, un percance... Nós, grazas a Deus, nunca tivemos pero oes e escoitas a outros que os viviron e é duro vivilo, vivir un naufraxio ou os apuros de compañeiros, cousas que tamén che poden pasar igual a ti.

?Supoño que cando se sae co barco, é mellor non pensar niso...

?Non, se non non sairías ao mar.

?Como están a preparar e adornar estos días o barco?

?Fixeron xa o altar de madeira onde irá a santa. Estos días hai que poñer guapo o barco para levala, coas bandeiras náuticas e as flores que se van poñer mañá [por hoxe] a primeira hora.

?Como cambiou a procesión marítima de Burela co tempo?

?Pois hoxe somos poucos barcos. Se antes aquí había uns 80 ou 90 barcos, 50 saían na procesión. Hoxe irán tres ou catro, poucos máis, os que hai disponibles.