O comercio burelense é especialista no scrapbooking, do que da clases
24 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.Unha das manualidades do momento é o scrapbooking aínda que para coñecer mellor en que consiste, nada mellor que preguntar nunha das tendas especialistas da Mariña, Pomba Mensaxeira, que leva adiante Paloma Orol.
?¿Como se leva a cabo o scrapbooking?
?Consiste en multitude de procesos creativos como o recorte, pegado ou collage para crear una composición de memorias e recordos utilizando as túas fotografías. Este divertido pasatempo de decorar aplícase tamén a cartas, poemas, invitacións... os límites ponos a imaxinación. Partindo de simples fotografías, revalorízanse os recordos con adornos de todo tipo (pegatinas, botóns, cintas, papeis especiais, flores secas, remaches, fíos?) e diversos estilos, dende o más sofisticado ata o máis sinxelo, dependendo do gusto persoal (...) É un método para preservar a historia persoal e familiar en forma dun libro de recortes. Entre os recordos que más tipicamente se gardan podemos ter fotografías, folletos e detalles impresos (por exemplo entradas, anuncios?) e traballos artísticos, coma debuxos.
?Por curiosidade, ¿de onde nos veu esta moda?
?Un dos primeiros sinais deste tipo de manualidade constátase no 1769 cando o escritor William Granger publicou a historia de Inglaterra, na que incluíu debuxos, ademais de texto, así como páxinas en branco onde os lectores podían agregar os seus propios comentarios e ilustracións. Pouco a pouco a xente foise unindo a esta práctica coleccionando artigos de diarios, debuxos e outros recordos que foron agrupados en libros.
?¿Que ten de diferente esta manualidade comparada con outras, máis comúns?
?A xente busca no scrapbooking unha forma de distraerse dos problemas e unha forma de relaxarse e preservar e personalizar recordos. É unha terapia para os días tristes, axuda a despegar a mente, descansar da rutina diaria e descansar dos problemas.
?Na tenda, ¿danse clases?
?Si, damos clases de scrapbooking semanais, pódese escoller horario e día para asistir. Cada día hai máis xente que a coñece pero hai que recoñecer que na Mariña non é moi coñecida.
?¿Que tipo de material usan?
?En scrapbooking podemos usar infinidade de materiais como papeis con deseños moi variados, tintas, sellos, botóns, flores, cintas. Dispoñemos dunha gran variedade.
?Así os nosos recordos máis especiais quedan para sempre...
?Si, é algo que queda para sempre xa que os produtos usados en scrapbooking deben ser libres de ácido. A min encántanme as fotos e teño a sorte de ter fotos dos meus avós e bisavós, as cales gardo dunha forma orixinal nun álbum. Outro que me trae moi bos recordos é un que fixen con fotos da miña infancia. Eses quedarán de recordo para as vindeiras xeracións.
?¿Algunha outra manualidade que estea pegando con forza agora mesmo?
?Algo que estamos vendendo moi ben na tenda son os libros de colorear para adultos, que están de moda. Son outra forma de relaxarse coloreando.
A tenda burelense, situada na rúa Pardo Bazán, conta tamén con venta online, a web manualidadespombamensaxeira.com.