A Feira de San Rosendo, en Barreiros, reverdece con gando, concursos, mercado e música

La Voz

BARREIROS

Entrega de premios
Entrega de premios CEDIDA

A cita, que regresou hai dous anos a San Miguel de Reinante da man da comisión de festas e da Vicepresidencia da Deputación, tivo un gran ambiente

03 mar 2024 . Actualizado a las 17:58 h.

Ganderías da Mariña e Asturias participaron na feira de gando de San Rosendo (San Miguel de Reinante, Barreiros), que a comisión de festas recuperou no 2023 coa axuda da Vicepresidencia da Deputación. O programa incluíu un certame morfolóxico de Pura Raza Galega e carreiras de cabalo marchador galego, ademais dun mercado de artesanía e animación musical. A cita amosou boa saúde, cun gran ambiente de domingo.

Estes foron os premiados:

Concurso morfolóxico cabalar de pura raza galega:

•Eguas: 1º premio Galaxia de Juan Paz Paz ; 2º premio Lola de Rúa de Juan Paz Paz, 3º premio Lenda do Couto de Fernando Groba

•Sementais: 1º premio Khalifa de José M Pardo Reigosa; 2º premio Domingo de Boimente de Adrián Mariño, 3º premio Vexeta de Ruben Bello Basanta

•Poldros: 1º premio Cumbia de Rúa de Albá Boanco; 2º premio Cereixa de Lourenzá de Diego Terron, 3º premio Raiana do Couto de Fernando Groba Bouza

Feira de gando
Feira de gando

Concurso morfofuncional de poldros cabalo marchador galego:

•1º premio Verania de Anceis de Ángel Seoane Iglesias; 2º premio Alecrín de Rúa de Senén Rega, 3º premio Diamante Danceis de Daniel Seoane

Mellor exemplar cabalar non pura raza galega:

•Eguas: 1º premio Triana de Ana Acevedo; 2º premio Morita de Maria Isabel Reigosa, 3º premio Brisa de Alberto Garcia

•Sementais: 1º premio Baldomero de José Manuel Marrube Garcia; 2º premio Argo RDG de Diego Freire Yanes, 3º premio Little Visuais de Óscar Otero

•Poldros : 1º Fresita (Fillo de Morita) de María Isabel Reigoso

Mellor exemplar bovino de pura raza galega:

•Vaca raza cachena: 1º premio Fernando Lopez; 2º premio Marco Vázquez Lopez

•Vaca raza caldelá: 1º premio Alejandro Salvatierra; 2º premio Alejandro Salvatierra

•Vaca raza frieiresa: 1º premio e 2º premio Gonzalo Seoane

•Vaca raza limiá: 1º premio e 2º premio David Lopez

•Vaca rubia galega: 1º premio David Lopez; 2º premio Gonzalo Seoane

Mercado de artesanía
Mercado de artesanía

Mellor burro fariñeiro: Dinamita de Antonio Aradas Regueira

Mellor lote caprino: Diego Vidal Rey