Ourol, sin cita médica hasta el 17 de diciembre en plena ola de gripe, «e se vas pola túa conta a urxencias, bótanche a bronca encima»
A MARIÑA
El alcalde, J. Luis Pajón, explica que hay gente que está cambiando su tarjeta médica a Muras para ser atendidos, con lo que cada vez hay menos pacientes asignados a Ourol
25 nov 2025 . Actualizado a las 18:17 h.El alcalde de Ourol, José Luis Pajón, denuncia la situación «absolutamente insostible» que sufre el municipio por la falta de cobertura médica «e polas demoras desproporcionadas na atención sanitaria». Advierte que la primera cita disponible en el centro de salud es para el 17 de deciembre, «o que supón máis de vinte días de agarda para unha consulta. É inconcibible e profundamente inxusto deixar sen atención médica a un concello envellecido como Ourol, cunha poboación que ten de media 63 anos», critica el regidor.
Pajón explica que, «desde a xubilación da médica titular o pasado agosto, o centro de saúde carece dun facultativo fixo. A atención redúcese a tan só catro horas ao día, sen servizo de urxencias nin visitas a domicilio, e nin sequera se garante todos os días da semana. A isto súmase que cada xornada acode un profesional distinto -un grupo de tres médicos que van rotando-, o que obriga a que a veciñanza teña que repetir a súa situación clínica en cada consulta. Nun municipio maioritariamente envellecido, isto fai imposible garantir unha atención sanitaria digna», denuncia.
«Esta realidade está a levar a moitas persoas a buscar atención médica fóra do concello», explica José Luis Pajón, que señala que hay pacientes «que se ven obrigados a acudir directamente ao Hospital da Mariña sen derivación, onde incluso se lles reprocha presentarse sen indicación médica. Vas ao centro de saúde e non hai médico. Vas a urxencias e non te atenden. Vas a Burela e aínda che botan a bronca. É inadmisible», critica.
«Ao mesmo tempo, estase a producir un fenómeno que agrava aínda máis esta problemática: veciños que deciden darse de alta no centro de saúde de Muras para poder ter médico de cabeceira e acceso a cita. Isto implica que as súas tarxetas sanitarias deixan de computar en Ourol, reducindo o número de pacientes asignados ao municipio e dificultando que a Xunta considere prioritario reforzar o servizo. Perdemos tarxetas e, con iso, perdemos capacidade de defensa. É un círculo vicioso que nos prexudica cada vez máis», lamenta el alcalde socialista de Ourol (en la imagen).