O Mago Antón e Isabel Risco, con «Nabiza girl», actuarán no Teatro das Cortes, no Vicedo, o 8 de novembro
O VICEDO / LA VOZ
A MARIÑA
A cita dará comezo ás 18.30 horas e a entrada será de balde
29 oct 2025 . Actualizado a las 13:27 h.O Teatro das Cortes, no Vicedo, acollerá o próximo 8 de novembro, sábado, unha Tarde de Maxia e Teatro. A partir das 18.30 horas actuará O Mago Antón, «sen o camión», mentres que ás 20.00 horas, a actriz Isabel Risco representará «Nabiza girl. O estraño caso da cultura minguante». A cita, promovida pola Asociación Cultural Volta e Dálle, contará co apoio da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e a colaboración de Bodeguilla de San Lázaro. A entrada será de balde. O Teatro das Cortes está situado no lugar de Xestoso, parroquia de Cabanas.