Máis de 850 rapaces encherán Mondoñedo o día 20 con motivo do Correlingua que cumpre 25 anos
MONDOÑEDO / LA VOZ
A MARIÑA
A cita contará coas actuacións de Fran Rei, Paco Nogueiras e Mekánika Rolling Band
16 may 2025 . Actualizado a las 09:31 h.Aínda quedan uns días para o 20 de maio, esta será a data na que o famoso Correlingua e festexe o seu 25 aniversario en Mondoñedo con máis de 850 novos inscritos, unha cita que será presentada por Fran Rei e actuarán na Praza da Catedral Paco Nogueiras e Mekánica Rolling Band. O alcalde mindoniense Manuel Ángel Otero suliñou o papel da lingua como «transmisora de xeración en xeración». Cabe lembrar que a iniciativa conta coa organización de CIG-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e AS-PG, coa colaboración do Concello de Mondoñedo e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A edición de 2025, avanzan, está dedicada ás cantareiras e alumnos do IES Perdouro de Burela e San Rosendo de Mondoñedo lerán o manifesto da senlleira xornada.