«Na Semana Santa de Viveiro participan cada vez máis nenos, hai canteira»

Lucía Rey
lucía rey VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

José Veiga Golpe destaca que varias cofradías incrementaron este ano o seu patrimonio
José Veiga Golpe destaca que varias cofradías incrementaron este ano o seu patrimonio Xaime Ramallal

josé Veiga Golpe, presidente da Xunta de Cofradías, destaca que a deste ano «vai ter o esplendor que tiña antes do covid»

10 abr 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

«A pandemia foi algo tan extraordinario que ó principio todos pensamos noutras cousas máis importantes porque todo o mundo tiña os seus problemas de saúde ou medo a enfermar, e mesmo moita xente tiña problemas laborais. Pero agora que o covid está máis ou menos calmado, todo o mundo ten ganas de Semana Santa, de estar na rúa, porque ó final traballas todo o ano para saír á rúa, e que a haxa é sinal de que todo vai volvendo ó seu». Logo de dous anos sen Semana Santa, o presidente da Xunta de Cofradías de Viveiro, José Veiga Golpe (Viveiro, 1967), confía en que as medidas de hixiene e prevención adoptadas polas cofradías (entre outros, compraron case 8.000 mascarillas hixiénicas para repartir entre os participantes) axudarán a que non salte ningún brote de coronavirus. «Con iso conformaríame, xa estaría contento», sinala Veiga.

—Que novidades haberá este ano?

—Case todo o mundo estrea algo, pero este ano houbo cofradías que van incrementar o seu patrimonio bastante coa compra de insignias, portaestandartes... Conto que se non hai novidades de última hora, vai haber unha Semana Santa co esplendor que tiña antes do covid. As cofradías están con forza e ganas de traballar, e vemos que a xente responde. Un exemplo é que para as bandas hai moitísimas peticións e non temos sitio para tanta xente como quere participar nelas.

—O compoñente musical semella cada vez máis importante na Semana Santa viveirense, podería explicar o porque?

—Ademais da Municipal, en Viveiro temos tres bandas que traballan todo o ano, e que son moi potentes a nivel nacional. O outro día fomos a Sevilla coa da Misericordia, que foi invitada, o domingo estivo a Naval en Sahagún, e tamén temos a TAU. Pero á marxe delas, están as que se xuntan de tambores para tocar en Semana Santa, como a da Piedade, a do Prendemento, a do Rosario, a da Santa Cruz, a do Nazareno dos de Fóra... Teñen un tirón tremendo e todos os anos temos que facer roupa porque cada ano hai máis xente para participar nelas. Levan toda a Coresma ensaiando.

—A diferenza do que ocorre noutros lugares, na Paixón viveirense participa bastante xente nova...

—En Viveiro participan cada vez máis nenos, hai canteira. Na procesión do Prendemento do xoves igual van 50 nenos vestidos co seu hábito e outros 25 ou 30 na banda. Igual que na dos de Fóra e na TAU. Si que hai moita xente nova que se vai incorporando.

«A Semana Santa xenera moita riqueza para Viveiro e para a comarca»

Máis aló do seu valor relixioso —«para nós é a clave e non podemos perder iso», afirma—, o presidente da Xunta de Cofradías destaca que «a Semana Santa xenera moita riqueza para Viveiro e para a comarca». «Mesmo hai hoteis no Vicedo e noutras zonas próximas que están pechados no inverno e que abren para Semana Santa porque os van encher», comenta, e engande: «Falas con calquera hostaleriro e está esperando desde o Nadal ata agora para recuperar do inverno, que aquí é duro».

Uns 3.500 cofrades

Segundo Veiga Golpe, as oito cofradías de Viveiro aglutinan a uns 3.500 cofrades. «A maioría, en torno ó 80% participa na Semana Santa», sinala, e dá outro dato: só na procesión da Paixón participan unhas 1.300 persoas entre levadores, músicos e filas de hachóns. Na do Prendemento, unhas 800.

ACTOS DOMINGO DE RAMOS

 12.00 horas, iglesia de San Francisco

Procesión de la Entrada triunfal de Jesús en Jerusalén, también llamada de «La Borriquita». La imagen fue tallada por José Rivas en 1948. Habrá bendición de ramos y palmas en la Praza Maior.

19.30 horas, San Francisco

• Procesión del Ecce-Homo. Organiza la Venerable Orden Tercera (VOT). Procesionan cuatro imágenes: Ecce Homo de los franceses (siglo XV), Coronación de espinas o «El Sentado» (siglo XV), Cristo de la Vera Cruz (XV) y Virgen Dolorosa (XVIII).