Adrenalina

Estíbaliz Veiga ARRIBA O PANO!

A MARIÑA

05 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Te hablo con mi cuerpo. Hiciste brujería. Ya ni sé ni qué día es. Con tanta adrenalina. Dime, qué vamos a hacer?» Este é un anaco da letra da canción de De la fé feat Delaporte, que é pura adrenalina tal e como o seu título indica. O psicólogo J. García-Allen explica as alteracións químicas que produce o amor. Na compaña do ser querido, o corazón adoita a sincronizarse có do outro, parece a metáfora «cursi», pero é real. A química hormonal que xera provoca que cando nos caza Cupido esteamos cheos de enerxía e a nosa percepción da vida é magnífica.

A oxitocina: axuda a forxar lazos permanentes entre os amantes despois da primeira «cita». Actúa «cambiando as conexións» dos miles de millóns de circuítos neuronais. Esta hormona coñécese como o neurotransmisor da confianza e é liberada en grandes cantidades nos encontros da parella, ou en menor medida cando os animais lamben ás súas crías.

A serotonina: neurotransmisor da felicidade. Responsable do benestar, xera optimismo, bo humor e sociabilidade, coñecida por desempeñar un gran papel na inhibición da rabia. Os niveis baixos están asociados á depresión.

Noradrenalina/ norepirefrina : induce euforia no cerebro, excitando o corpo e dándolle unha dose de ADRENALINA natural. Isto fai que o corazón latexe máis rápido, a presión arterial aumenta e fainos respirar máis profundamente. O síntoma, palmas suorosas e os rubores nas primeiras etapas do namoramento.

«Me fascinas, me iluminas. Rompes todos mis esquemas... y dame más de esa adrenalina». Así remata a canción e eu, persoalmente, creo que se todos estiveramos «mellor» namorados o mundo «veríase más vivo».